15 de febrero de 2008

En galego

Un día ondeando polo dial da radio encontrei na radio galega unha voz conocida que falaba moi enrevesadamente, tratábase do novo programador da radio galega e que se apropiou dunha hora de emisión para dar a conocer todos esos grupos e música en galego que sonaba en cada recuncho do planeta. Este personaxe é o mesmo que dixo un día "estamos no recuncho do mundo pero temos forza para tronzalo planeta" mais o autor da oda o futbolín. Trátase do coruñés Xurxo Souto.

Sen dubida unha mente inquieta pasando casi todas as facetas artísticas, cantante, actor, acordeonista, escritor, locutor e licenciado en filoloxía clásica-galego, ainda que a mais conocida foi o de compoñente dos "Diplomáticos de Montealto".

No 2006 colaborou moi de cerca co portal galego Vieiros para encontrar a canción do veran en Galicia. Este proxecto chamouse Apolo hit e ainda está coleando algun que outro tema. O entrar na web podes escoitar e descargar todos os temas participantes. Neste concurso conoceuse a Malvela, sen dúbida un gran achádego no país.

Un grupo de señoras de avanzada idade que se dedicaban a cantar cantigas de cando eran mozas o cal fai mais festa que todos os rapaces novos nunha discoteca xuntos. O grupo Malvela xurdiu a partir dun cursiño de cantos populares dirixido pola cantante Uxía e organizado hai xa uns anos pola Asociación de Mulleres Rurais de Mos.

O que nun principio foi unha actividade cultural, logo deu en converterse nunha paixón continuada, ata que a madurez e as ganas de rescatar e transmitir as cancións que gardaban na súa memoria, levaron a Malvela a concebir unha actividade artística fora do tradicional ámbito doméstico.

Xa son conocidos temas como o a "Maruxiña" ou o " Pirimpinpin " do que incluso hay unha versión medio rapeada co galego O puto coke.




E co conto de escoitar temas en galego fun batendo con cousas polo menos curiosas que demostran que o galego vale mais que pa cantar regeifas ou cantigas tradicionais. Este é o caso dos santiagueses Fanny e Alexander donde o mais curioso que encontrei no seu myspace foi unha versión electrónica con sonidos tradicionais galegos (digase gaita, pandereta e cunchas), o tema en cuestión é Postpunkeirada.

Otra gran fonte de música en galego é a web emepeges (co seudónimo "Cultura pirateable en galego") donde ademais de estar o tanto das últimas novidades en galego, podrás descargar moitisima música no noso idioma.

http://www.malvela.info/
http://www.myspace.com/fannyealexander
http://emepegues.blogaliza.org


Alguns tomarán este post a frikismo, pero quen non cantaba esas cancións riggi, pop ou rock das tardes do Xabarin (con esas magnificas letras) ou cando os Heredeiros da Crus triunfaron e todo o mundo cantaba esos temas cargados de gheada e seismo das rias baixas? Esto é unha homenaxe a aqueles grupos e como non, os actuais que demostran que neste recuncho do mundo temos boa música, e non me refiro a tradicionla, que tamén.

E para rematar... a volta está a fin de semana e cando eramos novos todos cantabamos.... Que ben se pasaaa na fin de semanaaaaa naaaaa nanananaaaaa

2 comentarios:

Unknown dijo...

Olvidaste de mencionar a Xurxo SOuto, que bastante pinta nesto de defendela musica galega ;)
Por certo, teño o recopilata do Xabarín CLub, xa cho paso...

Jas dijo...

Meu querido primo, hay q leer mellor.

Primeiro o de apolo hit e ahora xurxo souto...