Este anaco de terra ten tantos segredos escondidos que nin os propios galegos conocemos todo-los recunchos con encanto que se atopan neste país chamado Galicia.
É por iso que na lista que amoso a continuación, poño, o meu parecer, esos segredos en forma de pedra, natureza, auga, etc, que deberíamos coñecer todos os Galegos e de paso xa, mostrarlle este segredo a xente que nos visita todos os anos. Oxalá esta lista poida medrar moito mais, eso quererá dicir que sego descubrindo segredos.
Santiago de Compostela
Toda a sua zona monumental é digna de visita, todos os seus detalles e lendas, a catedral, as ruas, a alameda... Recomendo ver as ruas molladas, e se é de noite mellor, a cidade cobra encanto e misterio.
https://market.android.com/search?q=santiago+compostela
Fragas do Eume
Un ecosistema único no mundo e un dos poucos que todavia non ten especies invasoras o noso país. Situado nos laterais do rio Eume e digno de visita en calquera estación do ano, tanto no outono ca caida da follaxe, como na primavera cos árbores recén vestidos de verde. Recomendo chegar o mosteiro de Caaveiro e baixar ata a ponte perdéndose polas rutas de sendeirismo.
Salto do rio Toxa
Mais de 30 metros de caida, é unha das fervenzas mais espectaculares de Galicia rodeada de carballos, alcornoques e castaños a baixada ata o salto dende o mirador é unha auténtica experiencia para os sentidos.