31 de marzo de 2012

Rock da terra

Quen dixo que non se podía fusionar os instrumentos e a música tradicional cas músicas mais actuais? No seu tempo xa o fixeron Spiritu986  mezclando o tradicional ca electrónica (do cal me queda pendiente un artigo en profundidade neste blog) e dende fai anos lévano facendo os Ruxe Ruxe.

Introducen os instrumentos fundamentais das foliadas nas suas pezas de rock, para nada son incompatibles visto o visto onde gaitas e panderetas conxenian a perfección con bafles e guitarras eléctricas.

Hoxe 31 de marzal deste 2012 estrean disco, o oitavo da sua carreira. Para min son un deses grupos que non suelo seguir, pero sempre que soa algo deles poño a orella e me quedo escoitando, gústame o son que teñen e as súas letras reivindicativas e de loita como este Rock do país.

Disfrutade do adianto deste novo disco "Mais cancións sobre toxos, cardos e silveiras"




Comentarche que o adianto deste novo álbum  e outros, podédelo descargar na sua web http://www.ruxeruxe.com/