Despois de unha noite aloucada do dia 24 donde os fogos e a queima da facháda gótica da catedral de Santiago dan a benvida o dia da patria o cal xa pola tarde (do 25) sen intención de facer nada alá fomos a pasear e ver os/as turistas pola zona vella da cidade.
Santiago vestiuse de gala para recibir a tanta xente. Os que me conocerán sabrán que sempre digo que o Santiago mais bonito é cando está mollado e foi no medio do verán cando tivo que chover para que os turistas vexan esas pedras milenarias todas molladas e relucindo para a ocasión. Xa non faltaba nada, cando de pronto encontramos a unha amiga que viña con duas italianas. Esa mestizaxe de idiomas que habia no ambiente era especial.
Alá nos fomos cara o Franco (zona de restaurantes, de viños e marisco en escaparates) a tomar uns ribeiros con esas mozas que balbuceaban algo de español. Pimentos de padrón, almejas, mexillons e como non, regados con un bo viño branco. Mais tarde deixamos as rapazas e ainda con un pouco de fame alá fomos a por unhas navallas, unha de polvo a feira e unha de raxo, viño e brindando con un chupito de LicorK.
Saimos e cara a Quintana. Milladoiro en concerto. Un dos grupos que mais proxección internacional ten da nosa música. Uns pesos pesados do folclore galego.
Seguimos o pouco cara a zona nova e achegándonos a praza do toural escoitamos un rebumbio de festa, troula e algarabio todo provocado por un "cativo" tocando a bateria a dolor... cando chegamos a que tiñan montado uns tal Turres Band. Uns instrumentistas de vento acompañados por unha bateria e un percusionista facendo versions e temas a lo Ska en forma de charanga, incluso unha muñeira-Ska. Sen duda... A OSTIA!!
Esperamos que rematase e despois de recargar pilas cara a alameda a escoitar a orquesta. Non tiña nada de especial pero ali botamos un anaco escoitando versións de Amaral e Fito.
Mais tarde chegamos o campillo donde tamén habia actuacións. Chegamos e sorpresa nosa que estaban actuando Berrogüetto, outro de eses grupos que levan moitos anos dando alegrias o folclore galego. Pillamos uns cacharros e pa diante de todo. Non seria o mellor da noite, pero aproximabase. Un dos temas que mais me gustaron foi este.
Esperamos a que rematase e de volta pa zona vella a tomarlle a última.
Sen contalo pasamos o dia grande de Santiago do mais folk e variado. Espero que outros anos sexan asi ou mellor.
5 comentarios:
Publicar un comentario